viernes, 13 de julio de 2007
Amistad
Director Steven Spielberg
Corre o ano 1839 e o presidente de Estados Unidos John Quincy Adams ten un problema a resolver. Durante unha noite de tormenta cincuenta e tres cativos negros a bordo dun navío español, A Amizade, rebeláronse seguindo as ordes dun deles, Cinque, e tomaron o control do barco fronte ás costas de Cuba. Tras fracasar no seu intento de regresar á súa terra natal, os africanos foron finalmente detidos por tropas dos Estados Unidos e atoparon que o seu destino estaba a mercé dun sistema xudicial alleo, nun territorio completamente estraño para eles.
Gran parte da trama baséase no xuízo ao líder dos escravos que organizou a revolta. Baseada no libro Black Mutiny de William Owens.
A obra na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Crítica: onde está o límite?
Banda sonora.
Trailer:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario