sábado, 28 de julio de 2007
Sé quién eres
Directora Patricia Ferreira.
Cando Pomba, unha nova psiquiatra namorada do seu traballo, chega a ocupar a súa praza nun hospital remoto de Galicia, atopa a un paciente moi especial. Trátase de Mario, un home á vez inquietante e sedutor, que padece unha estraña enfermidade: o síndrome de Korsakof, unha alteración da memoria que supón un caso de estudo apaixonante para a nova doutora. Pero a memoria perdida de Mario oculta un pasado, aparentemente esquecido, que ameaza con sacar á superficie perigosos feitos borrados da recente historia de España.
Á beira de Mario, Pomba vese empuxada a unha aventura que lles conduce a ambos ata o lado máis escuro da realidade.
Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Comentario da directora e crítica.
Banda sonora.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario