lunes, 23 de julio de 2007

My Fair Lady


Director George Cukor.
Na porta do Covent Garden unha tarde chuviosa de 1912, a desarrapada florista Eliza Doolittle (Audrey Hepburn) coñece ao experto lingüista Henry Higgins (Rex Harrison). Logo de discutir a gusto sobre as "distincións de clases verbais", Higgins asegura ao seu acompañante, o Coronel Pickering (Wilfred Hyde-White), que no prazo de seis meses, pode transformar a Eliza en toda unha dama, con só ensinarlle a falar correctamente o inglés.
Á mañá seguinte, Eliza preséntase coas mans e a cara ben limpas á porta do Dr. Higgins e ofrécelle pagarlle para que a ensine a portarse como unha señora. "É case irresistible", ri Higgins. "É tan deliciosamente baixa. Tan horriblemente sucia". El transforma a súa misión nun exercicio deportivo e aposta con Pickering a que pode facer o milagre de transformar a Eliza nunha dama en só seis meses.
My Fair Lad é unha adaptación que Alan Jay Lerner e Frederick Loewe fixeron da comedia de George Bernard Shaw Pigmalión.
Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Crítica.
Banda sonora.
Trailer:

No hay comentarios: