sábado, 28 de julio de 2007

Tener y no tener


Director Howard Hawks.
Baseada nunha novela de Ernest Hemingway, a acción transcorre na illa da Martinica, controlada polos nazis en 1940. Humphrey Bogart interpreta a Harry Morgna, un cínico expatriado americano, que non ten intención de axudar á resistencia francesa. Con todo, cambia de opinión ao coñecer a unha apaixonada muller chamada Marie.
"Ter e non ter" é un magnífico thriller cargado de suspense. A loita da resistencia francesa, un pianista de blues (ao que dá vida Hoagy Carmichael) e un bar ao estilo do Rick's Café, remítenos a 'Casabranca'. Pero esta película conta ademais coa química en pantalla da parella Bogart-Bacall, que aínda hoxe perdura na pantalla.

Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Crítica.

Trailer:

No hay comentarios: