lunes, 23 de julio de 2007
Los miserables
Director Bille August.
Na Francia do século XIX, Jean Valjean sofre un persecución implacable por un furto. Desconfiado das persoas e da xustiza, atopa o perdón e a comprensión onde menos o esperaba: no home (un bispo) ao que acaba de desvalixar. Isto cámbialle ata o punto de converterse no respectado alcalde da cidade de Vigau. Pero a chegada de Javert, o novo xefe de policía e o seu antigo carcelero, pon as cousas a lume vivo. Máis aínda cando Valjean defende á bela e explotada Fantine, e á súa hijita Cosette. A novela de Victor Hugo coñeceu múltiples e poderosas adaptacións. A de Bille August, a partir do intelixente guión de Rafael Yglesias é das mellores. Comenta o guionista: "Sabía que o tema central era a redención. Como era imposible contar toda a historia, decidín centrarme na transformación progresiva de Valjean nun home bo, e en relación entre el e Javert, que é a forza motriz do argumento." Tamén August, o director, tíñao claro: "O filme trata do amor e do perdón, que na miña opinión son temas moi importantes."
Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Crítica.
Banda sonora.
Trailer:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario