lunes, 23 de julio de 2007

Mucho ruido y pocas nueces


Director Kenneth Branagh.
Kenneth Branagh traslada á pantalla grande un texto de William Shakespeare. Aínda que antes dirixira e protagonizado obras dramáticas do autor inglés (Enrique V e Otelo), e posteriormente fixo unha magnífica versión de catro horas de Hamlet, neste caso trátase dunha das comedias teatrais máis clásicas.
Don Pedro de Aragón regresa vitorioso dunha batalla acompañado do seu irmán don Juan e de Claudio, un mozo florentino que foi cuberto de honras pola súa actuación na contenda. Tras recalar na facenda de Leonardo, un lugar sosegado e paradisiaco da campiña italiana, Claudio namórase de Hero, filla do anfitrión. A trama vira ao redor da voda de Claudio e Hero. Mentres esperan que chegue o gran día, intentan unir a Benedict, un solteiro empedernido, cunha gran amiga de ambos. En tanto, o malvado don Juan intenta impedir a voda. Deliberadamente liviá, a trama centra a súa graza nos enredos que provocan os personaxes.
O filme, que conserva os diálogos orixinais escritos por Shakespeare, é un dos poucos do autor inglés no que participan estrelas de Hollywood (Keanu Reeves, Michael Keaton e Denzel Wáshington).
Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Crítica.
Banda sonora.
Trailer:

No hay comentarios: