domingo, 29 de julio de 2007
Tres lanceros bengalíes
Director Henry Hathaway.
Unha das xoias do cine de aventuras narrada en ton apologético sobre o orgullo militar, a lealdade e a heroicidade como atributos humanos. Henry Hathaway, a partir da novela de Francis Yeats-Brown, sen fuxir da crueza propia dunha guerra descobre as peripecias de tres amigos alistados na lendaria compañía de cabalería bengalí de lanceros do exercito colonial británico contras as hordas hindús. Recreación de paisaxes perfectamente adecuadas á aventura ao estilo das novelas de R. Kipling e que acertadamente une a Gary Cooper á lenda cinematográfica. A descubrir a perfecta caracterización de Gary Cooper do ideal militar e a última carga que é unha das imaxes antolóxicas do cine.
Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Crítica.
Reseña do director.
Recordando a Gary Cooper:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario