sábado, 28 de julio de 2007
Rey David
Director Bruce Beresford.
De todos é coñecida a historia bíblica do aguerrido David. O seu pobo estaba sometido aos filisteos, entre os que destacaba o poderoso Goliat; e el decidiu enfrontarse ao xigantesco guerreiro para converterse en rei dos israelitas. Coa súa peculiar astucia e armado cunha simple fonda, foi capaz de vencer a Goliat nunha loita man a man, do que dependía o seu futuro e o do seu pobo. Pero a súa vida posterior non foi nada sinxela. Atormentado polo desexo que sentía pola atractiva Betsabé, utilizou as máis sucias artimañas para conseguir o seu amor.
Unha adaptación libre da pasaxe bíblica, que conta co glamour case inexpresivo de Richard Gere no papel principal. É entretida polas súas espectaculares escenas de batalla, e a acción desenvólvese cun bo ritmo.
Na wikipedia a personaxe, o protagonista, a película (en inglés) e na biblioteca.
Ficha técnica.
Guía didáctica.
O rei David na Biblia
O rei David no National Geographic de Historia
Reportaxe da BBC:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario