viernes, 20 de julio de 2007

El hombre de la máscara de hierro


Director Randall Wallace.
Cando os cidadáns amotinados de Francia destruíron a Bastilla descubriron entre os seus restos esta misteriosa inscrición : "Prisioneiro 64389000, o home da máscara de ferro". Os mosqueteiros recuperan o "Todos para un e un para todos" reuníndose nesta historia de capa e espada, acción e aventura. O protagonista, Leonardo DiCaprio, interpreta dous papeis: o do cruel rei Luís XIV e o do misterioso prisioneiro encerrado na máscara de ferro.
París mórrese de fame, pero o rei de Francia está máis interesado nos asuntos corruptos da Corte.
Os Mosqueteiros, interpretados por Jeremy Irons, John Malkovich e Gerard Depardieu, conciben un atrevido plan para salvar a Francia da tiranía do monarca. Soamente, D'Artagnan, interpretado por Gabriel Byrne, interponse no seu camiño. Escrita e dirixida polo guionista de Braveheart (película pola que recibiu un nomeamento ao Oscar en 1997), O Home da Máscara de Ferro é unha espectacular película infestada de intrigas, perigos, acción e romance, baseada na famosa novela de Alejandro Dumas.
Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Guía didáctica.
Páxina oficial de Leonardo di Caprio.
Trailer:

No hay comentarios: