domingo, 15 de julio de 2007

Asterix en Bretaña


Esta visita a Bretaña, Torre de Londinium incluída, pasou aos anais do humor grazas á perfecta compenetración do texto e as imaxes lograda por este xenial dúo dinámico de autores. Este álbum de Astérix é un dos "grandes", isn't it? A inspiración dos autores está no seu punto álxido ou, dito máis sinxelamente, están "sementádevos": entre os toneles de morna cervexa mesturados co da máxica poción, e a aparición dos superpopulares bardos bretóns -she loves you yeah... Non hai desperdicio.
Aínda buscas o xogo de palabras no nome Cassivellaunos, xefe bretón ao que se cita na páxina 6? Pois xa podes deixalo ¡porque non o hai! Cassivellaunos existiu realmente e era o xefe supremo dos bretóns. Con todo, non estamos tan seguros de que Zebigbos sexa nunca un obstáculo para o auténtico César.
A obra na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Páxina oficial en distintas línguas con xogos, galería de fotos, enquisas e materiais multimedia.
Fichas dos personaxes:
Abraracúrcix, Asurancetúrix, Astérix, Baba, Barbarroja, Caius Rodrigus, Cassivellaunos, Esautomátix, Caius Lapsus, Ideafix, Ipippurax, Buentorax, Julio César, Mac Anoterapix, Obelix, O'torinolaringologix, Panorámix, Pétulia, Relax, Jabalí, Mustax, Patapalo, Tulius Stratocumulus, Zebigbos, Antrax, Furax, Petissax, Danlax...
Portada e primeira páxina
Trailer:

No hay comentarios: