martes, 31 de julio de 2007
West Side Story
Dirección Robert Wise e Jerome Robbins.
No West Side de Nova York dispútanse a hexemonía dúas bandas de mozas: os sharks, todos eles procedentes de Porto Rico, e os jets, de ascendencia anglosaxoa. Estes últimos están comandados por Riff, unha vez que Tony abandonou a cuadrilla para levar unha vida normal e poder traballar. Por outra banda, Bernardo, que é o xefe dos portorriqueños, convive coa súa irmá, María, recentemente chegada da illa. unha noite, nun baile, coinciden os dous grupos e están a piques de provocar unha violenta pelexa.
Os Montesco e Capuleto non son familias senón bandas rueiras, non viven en Verona senón en Manhattan, e as súas rivalidades dilucídanas bailando ao ritmo de Leonard Bernstein. Un musical de inmenso éxito que adaptou a historia de Romeo e Julieta, cuns espléndidos números de baile, para conseguir a gloria con 10 Oscars. O resto pertence xa á historia dos grandes musicais do cine.
Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Crítica.
Páxina oficial.
Banda sonora.
Trailer:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario