domingo, 14 de abril de 2013

An Education

Dirección Lone Scherfig.
É 1961 e Jenny (Carey Mulligan), unha atractiva e brillante rapaza de 16 anos, a punto de converterse en muller, soña cunha existencia bohemia con aroma a tabaco Gauloise, mentres canta cancións de Juliette Greco no seu cuarto de Twickenham. Asfixiada polo tedio da rutina propia da adolescencia, Jenny está impaciente por dar o salto á súa vida adulta. Entrementres, é unha estudante aplicada, sobresaínte en todas as materias salvo en latín, polo que o seu pai está convencido que logrará a praza que soña na Universidade de Oxford.
Un día chuvioso, a súa vida nos suburbios cambia radicalmente coa chegada de David (Peter Sarsgaard), un pretendente pouco conveniente. Cos seus máis de trinta anos, urbano e enxeñoso, David despraza instantaneamente a Graham (Matthew Beard), o tamén adolescente e tartamudeante admirador da súa infancia. Para sorpresa dela, David arránxallas para cativar mesmo os seus conservadores pais Jack (Alfred Molina) e Marjorie (Cara Seymour), vencendo sen ningún esforzo as obxeccións naturais que estes teñen cara a el, xa adulto, e xudeu, como pretendente da súa filla.


Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Web oficial.
Entrevista á directora en Fotogramas.
Recensión en LaHiguera.
Días de cine en RTVE.
"El inesperado peso de la experiencia" crítica de LaButaca.
Recensión en El País.
Crítica en AlhoaCriticón.
Elegir una opción marca el destino de Profes de Economía

Trailer:


No hay comentarios: