miércoles, 10 de abril de 2013

La sombra del poder

Dirección Kevin Macdonald.
O aposto e imperturbable congresista Stephen Collins (Ben Affleck) representa o futuro do seu partido: debido á súa honradez, foi elixido presidente do comité que supervisa os gastos de Defensa. Todos esperan que esta estrela en auxe represente o seu partido na próxima carreira cara á presidencia. Ata que alguén asasina brutalmente a seu axudante/amante e os segredos se escapan do seu escondedoiro. McCaffrey ten a dubidosa fortuna de ser un vello amigo de Collins e de que o seu xefe (Helen Mirren) sexa totalmente desapiadado e o mande a investigar o caso. Mentres segue a pista do asasino coa axuda da súa compañeira Della (Rachel McAdams), descobre unha tapadeira que ameaza con facer tremer as estruturas do poder da nación. Nunha cidade de relacións públicas, asesores e ricos políticos, aprenderá unha verdade innegable: cando miles de millóns están en xogo, a integridade, o amor e a vida de calquera están en perigo.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Como se fixo en LaButaca.
Crítica en LaHiguera.net.
Reportaxe en Fotogramas.
'La sombra del poder', un denso thriller político y periodístico en BlogdeCine.

Trailer:


No hay comentarios: