miércoles, 10 de abril de 2013

Betty Anne Waters

Dirección Tony Golwyn.
Betty Anne Waters é a historia verdadeira dunha muller que dedicou 18 anos da súa vida a liberar o seu irmán do cárcere. Cando Kenneth Waters é condenado a cadea perpetua polo asasinato dunha muller en Massachusetts, a súa irmá, Betty Anne, empregada nunha cafetaría, casada e con dous fillos decide loitar para demostrar que é inocente. Sen estudos, un dos seus maiores obstáculos será licenciarse en Dereito para poder reabrir o caso e defendelo ela mesma ante un tribunal. Non será doado, pois tamén significará deixar de lado a súa vida para centrarse na del. Ademais, a loita promete ser longa xa que o Estado non vai admitir o seu erro tan doadamente. O tempo xoga no seu contra, pero, mentres hai vida, hai esperanza.

Na biblioteca e na wikipedia
Ficha técnica.
Entrevista á protagonista en Fotogramas.
Referencias en Zinema.
"Ejemplo de superación que va más allá de la ficción" en La Huella Digital.
Crítica en LaHiguera.net.
"Dos hermanos y una condena" de El País.
The Innocence Project.

Trailer:


No hay comentarios: