miércoles, 10 de abril de 2013

Las hermanas Bolena

Dirección Justin Chadwick.
O pai e o tío das dúas irmás Bolena, Ana e María, empurrados polo ambicioso desexo de mellorar o nivel social e o poder da familia, convencen as súas fillas para que conquisten o afecto do Rei de Inglaterra. As mozas deixan atrás a súa vida no campo para trasladarse ao perigoso e apaixonante mundo da corte. Pero as boas intencións das irmás ao querer axudar á súa familia convértense pronto nunha rivalidade sen cuartel para obter o amor do Rei. Nun principio, gaña María, á que o Rei escolle como amante e coa que ten un bastardo. Pero Ana é intelixente, astuta, non teme a nada, e consegue apartar a súa irmá e a lexítima esposa do Rei, a raíña Catalina de Aragón. Ana non se deterá ata ser coroada Raíña de Inglaterra. Mentres as irmás Bolena loitan polos favores do Rei, unha por amor, outra por ambición, Inglaterra é presa de loitas internas. A pesar das dramáticas consecuencias das súas pretensións, as dúas irmás rematan por apoiarse mutuamente, unidas polo seu lazo de sangue

Na biblioteca e na wikipedia.
Comentario en LaHiguera.
Como se fixo.
'Las hermanas Bolena', las maquinaciones de una arpía en BlogdeCine.
Reportaxe en Fotogramas.
Crítica en AlohaCriticón.
Entrevista a Natalie Portman en RevistadeCine21
Banda sonora.
Trailer:


No hay comentarios: