miércoles, 10 de abril de 2013

Up in the air

Dirección Jason Reitman.
Ryan Bingham (George Clooney) é un especialista en recortes financeiros e consumado viaxante de negocios moderno que, despois de pasar anos tan ricamente no aire, de súpeto se encontra preparado para facer unha conexión auténtica.

Ryan leva moito tempo contento co seu despreocupado estilo de vida, vivindo por toda Norteamérica en aeroportos, hoteis e coches de aluguer. Pode levar todo o que necesita nunha maleta con rodas. É un membro mimado e de elite de todos os programas de fidelización de viaxeiros que existen. E fáltalle pouco para alcanzar o obxectivo da súa vida: 10 millóns de millas de viaxeiro habitual, e non obstante... Ryan non ten nada auténtico ao que aferrarse.
Cando se sente atraído por unha simpática compañeira de viaxe (Beira Farmiga), o xefe de Ryan (Jason Bateman), animado por unha moza e intrusa experta en eficiencia (Anna Kendrick), ameaza con chamalo permanentemente dende a estrada. Enfrontado á perspectiva, á vez terrorífica e hilarante, de ser destinado a un posto fixo, Ryan empeza a meditar sobre o que pode chegar a significar ter un fogar de verdade.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Recensión en LaHiguera.
Crítica en Eternidad y Cine.
"La resurección de un viajante" en DeCine21.
Banda sonora.


Trailer:

No hay comentarios: