Dirección Peter Jackson.
A inquietante repercusión dun crime e o
conmovedor restablecemento dunha familia son consecuencia da inesperada
intervención do alén en The Lovely Bones, a historia
dunha vida e de todo o que sucedeu despois.
Baseada na popular novela
supervendas de Alice Sebold e dirixida polo gañador
dun Óscar® Peter Jackson, a película xira en torno a
Susie Salmon, que foi asasinada cando tiña tan só 14
anos en decembro de 1973 cando volvía do colexio á súa casa. Tras a súa morte,
continúa pendente da súa familia terreal (mentres o seu asasino segue sen ser
descuberto). Atrapada nun alén luminoso, Susie
descobre que ten que decidirse entre o seu desexo de vinganza e o seu anhelo por
ver repoñerse os seus e seguir o seu camiño. O que comeza como un asasinato
impresionante se transforma nunha viaxe misteriosa e visualmente inventivo a
través dos vínculos da memoria, o amor, a esperanza e a intensa beleza da vida
en si mesma, con destino a un emocionante e sorprendente momento da
verdade.
A película está protagonizada polo nominado a un Óscar® Mark Wahlberg e as gañadoras dun Óscar® Rachel Weisz e Susan Sarandon,
xunto con Stanley Tucci,
Michael Imperioli e a nominada a un Óscar® Saoirse Ronan no papel de Susie
Salmon.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en LaHiguera.
Reportaje en Fotogramas.
Web oficial.
Cómo se fixo en LaButaca
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario