miércoles, 10 de abril de 2013

The Italian Job


Dirección F. Gary Gray
O plan era impecable... executouse á perfección... tiñan libre a vía de escape. O único factor de risco que a mente mestra do crime Charlie Croker (Mark Whalberg) non puido previr procedía dun dos membros da banda, que estaba formada polo seu contacto interno Steve (Edward Norton), o xenio dos ordenadores Lyle (Seth Green), o condutor Rob el Guapo (Jason Statham), o experto en explosivos Oido-Izquierdo (Mos Def) e o veterano reventador de caixas fortes John Bridger (Donald Sutherland). Despois de dar un asombroso golpe millonario nun palazzo veneciano fortemente custodiado, Charlie e a banda quedan asombrados ao descubrir que un deles os traizoou. Agora a cousa xa non ten que ver co botín senón coa vinganza... Entra en escena a bela con nervios de aceiro Stella (Charlize Theron), unha experta reventadora de caixas fortes que se une a Charlie e á banda cando regresan a California detrás do traidor. O seu plan para recuperar o ouro consiste en introducirse no sistema de control do tráfico de Los Angeles, manipulalo e crear o maior atoamento de tráfico de toda a historia de Los Angeles.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reportaxe en Fotogramas.
Crítica en Off-offCrítica.
Banda sonora.

Trailer:


No hay comentarios: