Dirección John Madden.
O exótico Hotel Marigold suponse que é a solución que a India propón aos cidadáns máis selectos de Reino Unido para que gocen da súa xubilación -un lugar onde poder pasar a súa idade dourada rodeados de suntuosos servizos e comodidades-, ben, así é ata que sete xubilados cunha perentoria necesitade de cambio preséntanse á entrada deste complexo vacacional, non precisamente moi acondicionado. Así comeza unha cómica, romántica e conmovedora aventura nun lugar cheo de inesperados praceres.
Os que chegan á excesivamente cálida cidade de Jaipur, coa única esperanza de poder iniciar unha nova vida e cada un coa súa propia e persoal equipaxe, son: a aflixida e asfixiada economicamente Evelyn (Judi Dench), o desencantado xuíz do Tribunal Supremo Graham (Tom Wilkinson), a belicosa parella conformada por Douglas e Jean (Bill Nighy e Penelope Wilton), os convencionais e ávidos de amor Norman (Ronald Pickup) e Madge (Celia Imrie), e Muriel (Maggie Smith), cuxo único obxectivo é que lle arranxen canto antes a súa cadeira e abandonar a India inmediatamente e para sempre. Todos eles se encontran a mercé do inxenuamente ambicioso e mozo propietario do hotel Sonny Kapoor (Dev Patel), que herdou do seu pai este antigamente sofisticado edificio e que aínda ten a esperanza de convertelo nun luxoso hotel de primeira categoría. Por agora, o que só pode ofrecer probablemente é caos, pero Sonny compensa esa carencia de recursos co seu grande entusiasmo.
Aínda así, os novos residentes séntense horrorizados ao descubrir que algunhas "melloras" da propiedade están absolutamente paralizadas, provocando a incerteza, no mellor dos casos, en servizos tan elementais como a auga, a electricidade e o teléfono. Igualmente, séntense desorientados por unha India repleta de contrastes, que é ao mesmo tempo embriagadora e aterradora, tradicional e moderna, fermosa e estraña. Ao principio, estes sete recén chegados móstranse inseguros acerca do que o futuro pode depararlles. Non obstante, a medida que empezan a establecer novas amizades e a realizar inesperados descubrimentos, comezan a deixar atrás o seu pasado.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Fotogramas.
Reseña crítica en LaHiguera.
"Nunca es tarde" en BlogdeCine
"Cómico retiro" no ABC.
Web oficial.
Banda sonora.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario