Dirección Simon Curtis.
A principios do verán de 1956, a estrela
do cine norteamericana Marilyn Monroe pisou por
primeira vez chan británico. Acabado de casar con Arthur
Miller e coincidindo coa súa lúa de mel, Marilyn chega a Inglaterra para rodar O PRÍNCIPE Y A CORISTA, o filme que lle faría compartir escena co
célebre Sir Laurence Olivier, lendario actor
británico de teatro e cine, que protagonizaba e dirixía a fita.
Ese mesmo
verán Colin Clark, un mozo de 23 anos, pisaba un set
de rodaxe por primeira vez. Recén licenciado en Oxford e aspirante a director, aceptou un traballo de
axudante de produción no set do PRÍNCIPE Y A CORISTA.
Corenta anos despois explicou as súas experiencias durante os seis meses de
rodaxe nun libro autobiográfico: O príncipe, a corista e eu.
Pero no
libro omitíase o que pasara durante unha semana.
Non foi ata anos despois
que Clark revelou, nunha secuela da súa autobiografía
chamada "A miña semana con Marilyn", o que de verdade
aconteceu neses sete días que compartiu coa maior estrela de todos os tempos. A
semana que el pasou con Marilyn.
Nun relato á
vez cómico e conmovedor, a MIÑA SEMANA CON MARILYN
ofrece un punto de vista íntimo e pouco coñecido da icona de Hollywood, trazando a breve e emotiva relación que
estableceu cun home que pareceu comprendela mellor que ninguén.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha ténica.
Reportaxe en Fotogramas.
Días de cine en RTVE.
Crítica en BlogdeCine.
Web oficial.
"Cuando el MITO se come a la persona" en ElSéptimoArte.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario