Director John Patrick Shanley
En 1964, nunha parroquia do Bronx, un apaixonado e carismático sacerdote, o pai Flynn (Seymour Hoffman) intenta 
cambiar as ríxidas normas do colexio, que durante anos foron celosamente 
salvagardadas pola irmá Aloysius Beauvier (Meryl Streep), unha estrita directora que cre firmemente no 
poder da disciplina. Sopran ventos de cambio político; proba diso é que o 
colexio aceptou o primeiro alumno negro, Donald 
Miller. Pero cando a irmá James (Amy Adams) lle conta inocentemente á irmá Aloysius que parece que o pai Flynn pon demasiada atención a Donald, a superiora, sen contar cunha soa proba, comeza 
unha cruzada persoal para sacar á luz a verdade e expulsar a Flynn do colexio por abusar do alumno. Esta batalla ameaza 
con esgazar a comunidade de xeito irreversible. Baseada nunha obra gañadora do 
Premio Pulitzter e dun Premio Toni na súa adaptación teatral. 
Na biblioteca e na wikipedia. 
Ficha técnica 
Como se fixo. 
Crítica en 20Minutos. 
Reportaxe en Fotogramas. 
Recensión en LaHiguera.
"Lección inetrpretativa de gran altura" en BlogdeCine.
Banda sonora.
Trailer:
 

 
No hay comentarios:
Publicar un comentario