Dirección Tom Tykwer.
Jean-Baptiste Grenouille (Ben Whishaw) naceu en metade do fedor dos restos de peixe dun mercado e foi abandonado pola súa nai no lixo. A autoridade fíxose cargo do bebé e sentenciou a súa nai á forca. O rapaz creceu no ambiente hostil dun hospicio, ninguén o quería e mesmo os seus compañeiros intentaron asasinalo. Había algo que o facía diferente: non tiña olor. Non obstante, Jean-Baptiste posuía un olfacto excepcional. Aos 20 anos consegue traballar para o perfumero Baldini (Dustin Hoffman), quen o ensina a destilar esencias. Pero el quere atrapar outros olores: o do cristal, o cobre... pero, sobre todo, o de certas mulleres. A cambio dun centenar de fórmulas de novas fragrancias coas que Baldini podería facerse rico, este escríbelle unha carta de recomendación para que poida aprender a arte de enfleurage na capital mundial do perfume: Grasse. Unha vez alí, conseguirá o seu obxectivo: un magnífico perfume cuxo ingrediente é a esencia de novas rapazas.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Comentario en LaHiguera.
Reportaxe en Fotogramas.
A obra de Patrick Süskind.
Aroma de gran cine en BlogdeCine.
Guía en Planeta lector.
Libro versus película en Cine de escritor
Banda sonora.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario